Estrutura desta guía
Esta guía está estruturada como unha lista de tarefas que debe realizar para integrar software existente en GNOMe. A guía presenta estas tarefas en orde de importancia. Por exemplo, a tarefa de engadir o seu aplicativo aos menús do Escritorio GNOME aparece antes que a tarefa de engadir compatibilidade de arrastrar e soltar. Ademais, esta guía ten un apéndice cunha lista de comprobación para a integración que lle axudará a avaliar o seu traballo de integración.